miércoles, 4 de enero de 2023

Alfonso Pexegueiro na Galipedia, a Wikipedia en galego

Alfonso Pexegueiro González, nado en Angoares (Ponteareas) o 19 de abril de 1948, é un escritor galego.

Traxectoria

Iniciou a súa actividade literaria en Galicia no ano 1975 como fundador do Grupo Rompente. Entre 1976 e 1978 traballou na redación da revista infantil e xuvenil Vagalume. Fundou en 1980 xunto con outros escritores a Asociación de Escritores en Lingua Galega da que foi secretario ata xuño de 1985. Como secretario da AELG coordinou a revista Escrita e impulsou o I Congreso de Escritores en Lingua Galega, así como o Galeusca, encontros de escritores vascos, cataláns e galegos. Deu numerosos recitais de poesía. Colaborou en prensa con artigos de opinión, e sobre arte e literatura. Desde 1985 ata 2000 residiu en Barcelona. Actualmente reside en Galicia.

Obra en galego

Poesía

  • Seraogna (Grupo Rompente, 1976[1]; 2ª edición: Biblioteca das Letras Galegas, Xerais, 1997).[2]
  • Mar e naufraxio (Cíes, 1978).
  • Círculos de auga (Akal, 1979).
  • O pabellón das hortensias azuis, (Edición de autor, 1983).
  • A illa das mulleres loucas (Llibres del Mall, edición bilingüe catalán-galego, 1984;[3] castelán-galego, 1986[4]), (Galaxia, 2004. Con CD música de Anxo Pintos (zanfona) e Quico Comesaña (arpa)).
  • ¿Serán os cisnes que volven? (Xerais, 1995).
  • Hipatia (Xerais, 1998).
  • Blasfemias de silencio (inclúe: Círculos de auga, 1979; Mar e naufraxio, 1978; O pabellón das hortensias azuis, 1983; ¿Serán os cisnes que volven?, 1995; O reiseñor dos Balcáns, 1999) (Xerais, 2000). Publicado polo Concello de Ponteareas en 2018: Blasfemias de silencio (De Seraogna aos Balcáns).[5]
  • O lago das garzas azuis (Conto de Europa, Nenos de África), con debuxos de Xosé Freixanes (Xerais, 2005). Editado en castelán por Lumen en 1994.[6]

Narrativa

  • Relatos para salferir (Xerais, 1981), co título El Desert de Nabalpam (Llibres del Mall, 1985)[7], e co título O deserto de Nabalpam (Espiral Maior, 2003).
  • Fantasía (extracto) do xefe dos lagartos, carpeta co pintor Xosé Freixanes (1988).
  • Desatinos dun maldito (Xerais, 1991).

Teatro

  • Lapsus (Axóuxere, 2014).

Obras colectivas

  • Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco.
  • Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones. En edición bilingüe galego-castelán.

Obra en castelán

Narrativa

  • Dados blancos (Caballo de Troya, 2004).

Poesía

  • Rizo y Riza. Un brindis por la duda (Lumbria, 2021).

Premios

No hay comentarios:

Publicar un comentario

"Somos figuras desencajadas en espacios de crimen" - Entrevista en solidaridaddigital.es

  Entrevista 24 Abr 2023 Alfonso Pexegueiro, escritor «Somos figuras desencajadas en espacios de crimen» Esther Peñas / Madrid Mañana vino a...